Fins da Asociación
-Desenvolver actividades culturais para dar a coñecer a Comarca de Meira.
-Protexer o patrimonio histórico, artístico e natural.
-Promover a creación nas artes en calquera das súas expresións
-Fomentar entre os seus asociad@s o interese pola cultura, o deporte e a natureza, así como a colaboración na superación dos problemas da sociedade na que viven e no desenvolvemento dun espírito cívico, desde unha perspectiva de participación social e cidadá.
-Defensa, promoción e uso do idioma galego no camiño da súa normalización, pois representa a maior riqueza patrimonial herdada polo pobo galego. A este fin, o idioma galego é a expresión propia e oficial usada en todos os ámbitos da Asociación.
-Promoción de actividades xunto con outros colectivos sociais, culturais, ecoloxistas, etc.
-Captación de asociad@s e persoas colaboradoras para levar a cabo os fins e os obxectivos da asociación.
-Realización de actividades que leven á dinamización cultural da comarca e á difusión da súa cultura.
OBXECTIVOS XERAIS:
Promover a socialización.
Desenvolver programas e accións concretas que signifiquen un apoio efectivo á dinamización cultural, social e educativa de poboación. Fomentar a creatividade, a produción e a difusión cultural. Axudar a organizar o tempo libre. Estimular o consumo cultural fóra do fogar. Promover o lecer comunitario e a identidade colectiva.
Dinamizar os recursos endóxenos (propios) e o patrimonio cultural para toda a comunidade. Potenciar a participación cidadá efectiva. Satisfacer as necesidades de lecer activo, creativo e autónomo dos cidadáns.
Promoción e uso da lingua galega.