|
videos Actividades Verán
| VIDEO EXPRESIÓNS ESPONTÁNEAS | VIDEO PROMO M DE CINE 2010 DE GAITAFILMES |
Novos servizos na rede

desde setembro a asociación dispón de canle propio no YouTube, no que subiremos videos de actividades, coma o Expresións Espontáneas 2.0 - 3.0 . A reportaxe emitida en TeleLugo da última participación no Km0 e outros mais. Tamén dispoñemos de canle
na rede social Facebook, inagurada a comenzos do verán e que xa conta con mais de 250 siareiros.
Rematan as actividades de verán

As actividades que empezaron o 13 de xullo co inicio do 3º Campamento Infantil e que esta edición contou con dúas saídas os Xardíns da Deputación para ver o concerto de Magín Blanco e os Monicreques de Titiritempo, encheo de ledicia e actividades lúdicas as mañas dos participantes ata o 30 de xullo. Expresións 3.0 que nesta edición tamén programou actividades para os mais novos/as da asociación, con paiasos, globoflexia e música encheu de actividades o parque de Meira desde a tardiña ata ben entrada a madrugada do 14 de agosto, con un gran número de asistentes os concertos, e co esperado debut do grupo Meirego Scream, sen esquecer a brillante actuación de Cats & Monkeys e o polifacético Leo i Arremecághona.. O M de Cine coma si se tratase dunha película de intriga púidose realizar o final cun éxito sen precedentes, e demostrando o afán de superación ante os problemas, que desde a imposibilidade de utilizar a casa da cultura, e o roubo un dia antes da pantalla xigante no parque, non amedrentaría o poder organizativo da asociación, contando sempre co inestimable apoio de GAITAFILMES, o gran protagonista do M de Cine.
M de Cine busca alternativas ante a imposibilidade de utilizar a casa da cultura
| entrada de presentación da gala M DE CINE 2009 | As productoras son as grandes protagonistas do M de Cine ![]() ante a imposibilidade de poder utilizar o salón de actos da Casa da Cultura, para celebrar a III edición do M de Cine, a asociación sopesa varias opcións. A proxeción exterior ou desprazar a edición de 2010, fora das fronteiras do concello de Meira, o que si que temos moi claro é que o M de Cine 2010 se realizará o 16 de Agosto, pese a quen pese........................ |
Presentación de Expresións Espontáneas 3.0
| Directivos da Asociación, cos integrantes de SCREAM (ao fondo) | O programa lúdico e cultural Expresións Espontáneas 3.0, que se desenvolverá a partir das 16.00 horas e até a madrugada, terá un conxunto de actividades pensadas para todos os públicos. Sen hora en concreto, diversas sorpresas irán acontecendo para os máis cativos desde comezos da tarde no parque de Meira para centrarse xa ás 18:00 horas nun espectáculo de clown e globoflexia que non deixará ás familias indiferentes. Para ir dando a entrada na noitiña, coa espontaneidade que caracteriza esta iniciativa que pretende xuntar ocio e cultura tratando de pór en valor o patrimonio meirego, a asociación creará unha ambientación especial con iluminación e sons no contorno do parque mentres que diversas performances de rúa con malabares e demais irán convocando á xente para rematar xa no lugar dos concertos coa posta en marcha das actuacións musicais. No tocante a grupos musicais, a organización elaborou un cartel moi heteroxéneo con grupos lucenses como Cats & Monkeys e Blackbum, que destacan pola súa fusión de ritmos funkies, pasando polo rock de Zootropa, ou o punk adobado de humor desde Compostela do recoñecido Leo i Arremecaghona. Ademais, Eme de Meira conta con grupos locais para procurar dar pulo tamén á creación musical da zona, un dos obxectivos da asociación desde a súa fundación, polo que tamén se subirán ao escenario os rapaces meiregos de hard rock de Scream (que acompañaron aos membros da asociación na presentación como pode verse nas imaxes que se achegan), e tamén do Dj do veciño concello de Castro de Rei, Dj Valo Cavalier. |
Grupos confirmados para Expresións Espontáneas 3.0
![]() | A nova edición da actividade musical da Asociación M de Meira celebrarase nos Xardíns do parque Profesor Rio Barja, na vila de Meira, nunha nova aposta do colectivo para por en valor o patrimonio cultural e natural, a cita do 2010 está adicada a música alternativa e artes escénicas coa actuación de varios malabales e performances desde primeira hora da tarde do 13 de agosto. a sección músical volve a apostar por grupos da zona e inclúese a actuación do grupo Meirego Scream. os lucenses Blackbum, Cats and Monkeys e Zootropa e o polifacético cantautor Punk Leo i Arremecághona dentro da súa xira. Pompis 10. A festa rematará coa sesión do Dj Valo Cavalier ![]() a produción de Expresións Espontaneas 2010 corre a cargo de ALENTI.Solucións para eventos |
1ª semana de actividades no campamento infantil 20010

| O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, visitou en Meira, xunto ao presidente da asociación cultural Eme de
Meira, Nacho Eiros, o III Campamento Urbano que organiza a Asociación Cultural “Eme de Meira” co patrocinio da Área de Cultura da Deputación. Esta iniciativa, que este ano dura desde o pasado luns 12 até o venres 30 de xullo, púxose en marcha xa hai dous anos co apoio decidido da Área de Cultura da Deputación ao observarse a carencia na comarca de Meira deste tipo de actividades que permiten conciliar a vida familiar e laboral, proporcionando unha alternativa lúdica e á vez educativa para as mañás do verán a 20 nenos e nenas en idade escolar. Desde que arrancou esta proposta, o éxito de participación foi unha constante, ratificándose nesta terceira edición do campamento infantil coa alta demanda que fixo que se cubrisen as prazas ofertadas en apenas uns días. Este é o terceiro ano que a Asociación Eme de Meira, co apoio da Área de Cultura da Deputación, pon en marcha este programa de actividades de verán para nenas e nenos de 3 a 12 anos. Xa desde o campamento do pasado ano incrementouse nunha semana a duración do programa, chegando a un total de 3 semanas, desenvolvéndose o campamento urbano as mañás de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, entre o 12 e o 30 de xullo. Este ano incrementouse o número de prazas até as 22, feito que aínda así non abondou para cubrir a demanda xa que nun par de días desde a apertura da inscrición enchéronse a totalidade de prazas ofertadas para os socios e socias de Eme de Meira. O III Campamento Urbano que organiza Eme de Meira contempla un programa moi completo e variado de actividades para os máis cativos, de xeito que a través de iniciativas lúdicas e amenas poidan valorar aspectos como o medio ambiente, as relacións interculturais e de compañeirismo e solidariedade, desenvolver a creación plástica nos nenos e nenas, etc. |
Actividades Verán 2010. campamento infantil para soci@s
![]() | O programa vaise desenvolver do 12 ao 30 de xullo, de luns a venres e en horario de 9:30 a 14:00 horas no espazo acordado pola asociación. O tema xeral do programa 2010 será o fomento da lectura, ligado á estimulación da imaxinación, a creatividade e a expresión corporal. Á súa vez, traballaranse valores como a coeducación, a diversidade ou o respecto do medio, deixando un espazo moi importante para a autonomía nas rutinas do día a día. 14 de xullo. Actuación para o público infantil de Magín Blanco nos Xardíns da Deputación, saida as 5.30 de Meira |
Avance do programa de Verán 2010

Reportaxe da Asociación M de Meira en Tele-Lugo.
![]() Reportaxe realizado pola Fundación TIC de Lugo |
|
29/05/2010. II Asamblea Xeral Ordinaria de Socios

O vindeiro día 29 a EME de Meira celebra a II Asamblea Xeral Ordinaria de Socios a celebrar no Centro Socio Cultural de Meira as11:30
en primeira convocatoria. O peche orzamentário do 2009, un resumo de
actividades realizadas no pasado exercicio e a programación de
actividades para o segundo semetre de 2010 centrarán parte da asamblea,
na que a directiva da asociación dará conta dos proxectos e
colaboracións con outras entidades , a presidencia de M de Meira na
asociación Montes e Vales (GDR3) tamén terá espazo na asamblea, / para
poder asistir a asamblea e poder exercer o teu dereito a voz e voto é
necesario estar o día no pago de cotas 2009 /2010 e ser socio numerario (con carné). As persoas que desexen integrarse no colectivo neste 2010, poden descargar o impreso de admisión (ligazón debaixo da axenda M) e entregalo nas oficinas de caixa galicia. |
M de Meira na defensa do Eo

| Un dos fíns e piares de Eme de Meira é protexer o patrimonio histórico, artístico e natural, fomentar entre os seus asociad@s o interese pola cultura, o deporte e a natureza, así como a colaboración na superación dos problemas da sociedade na que viven e no desenvolvemento dun espírito cívico, desde unha perspectiva de participación social e cidadá. A problemática surxida nas últimas semanas pola exposición pública do EIA da concesión para o aproveitamento hidráulico nun tramo do río Eo, a movilización de veciños e veciñas da Ribeira de Piquín, entre os cales temos socios/as en M de Meira fixo que a asociación poña o seu grao de area en defensa do río EO, segundo fontes consultadas pola nosa asociación e dos contactos mantidos con outros axentes sociais da comarca entre elas ADEGA confirma que ista actuación no rio suporía a implantación dunha central nun espazo protexido, incluído na Rede Natura 2000 e nunha Reserva da Biosfera, sería especialmente perxudicial no coto de pesca do Eo, afectado prácticamente na súa totalidade e cuxa reserva piscícola veríase seriamente afectada ao ser necesario desviar 10.000 litros por segundo e deixar a canle do río cun caudal mínimo. A construción do túnel suporía recolocar 112.354 metros cúbicos de terra e crear terrapléns que poderían bloquear as escorrentías e causar inundacións. Ademais, esta actuación podería prexudicar o Patrimonio Cultural arqueolóxico do lugar, aínda sen valorar. Con vestixios de explotacións mineiras da época Romana. Desde Adega tamén se asegura que a concesión de 1922 tería que estar caducada tanto legal como moralmente. o proxecto non se executou, a pesar de contar cun prazo de só sete anos para levar a cabo, polo que carece de sentido a súa posta en marcha agora, cando a xustificación inicial da concesión realizada no ano 1922 carece de toda lóxica. TODA A INFORMACION ACTUALIZADA EN grupo Facebook Non á Central |
Saidas no mes de abril

M de Meira, nova franquicia da LNB na conferencia NorLeste
![]() | O pasado domingo día 11, a equipa da M de Meira fixo a súa presentación coma franquicia da LNB no espectacular aberto do levantamento celebrado no barrio da ponte en San Lázaro, Lugo. Aberto organizado pola asociación Madia-Leva. Logo da celebración do aberto do Lacón de Meira organizado pola nosa asociación e a colaboración da A.D. O Varal, a LNB concedeu a Asociación Cultural M de Meira a súa condición de franquicia oficial en devandita conferencia para a vindeira tempada de billarda 2010-2011, deixandonos participar nas restantes xornadas da conferencia de cara a coller experiencia e rodadura para a próxima tempada. Nesta primeira experiencia coma equipa o resultado foi mellor do esperado, esperando mellorar os resultados de cara a última xornada da Conferencia a celebrar o 9 de maio en Remourelle, Ali estaremos |
Multiaventura

Multiaventura con Km0, nesta ocasión visitaremos a sede da Deputación provincial, o centro de olería de Bonxe, retomaremos forzas con un xantar nun establecemento rural en Outeiro de Rei, e seguidamente visitaremos as Insuas do Miño, no concello de Rabade, donde poderemos disfrutar das actividades especiais, Tiro con arco, canoa e rastreo, a mais da interpretación do medio por parte das monitoras do viaxe. Recordar que as prazas son limitadas e o perfil para persoas dinámicas e menores de 40 anos. |
Exposición. "Orixes. Cinco fitos na evolución humana"


A aventura humana, desde a aparición do home sobre a Terra,
é efémera se a comparamos cos 4.600 millóns de anos de existencia da Terra, e
ata cos 65 millóns de anos que transcorreron desde a aparición dos primates. As
investigacións científicas foron esclarecendo o misterio das nosas orixes. A
evolución humana aparece como un proceso longo e complexo. Da relativamente
sinxela evolución lineal con sete protagonistas, pasouse a unha árbore xenealóxica con máis de quince especies e moitas ramas sen descendencia. |
M de Meira asóciase á Mesa pola Normalización
M de Meira na rede.

M de Meira na defensa do patrimonio cultural lucense

Hai pouco máis de dous anos constituíase na vila de Meira a Asociación Cultural Eme de Meira, colectivo que xurdía das inquedanzas culturais dun grupo de persoas meiregas que hoxe supera os 100 socios e socias. Tal e como recollen os obxectivos descritos nos estatutos da asociación, Eme de Meira constituíase para dinamizar culturalmente o noso territorio, facendo fincapé en protexer o patrimonio histórico, artístico e natural. E neste camiño, Eme de Meira, desde o seu Consello de Dirección, recolle a polémica que se está suscitando nos medios de comunicación sobre a intención por parte dos herdeiros de Álvaro Gil de retirar do Museo de Lugo os fondos que este benfeitor doara no seu día á institución museística lucense. A nosa asociación cre que este importante legado patrimonial, especialmente representativo do patrimonio arqueolóxico lucense, forma xa parte dunha herdanza cultural colectiva do pobo lucense e galego, que debe ser resgardada á marxe de materialismos para que as vindeiras xeracións poidan achegarse a elas tal como hoxe en día.
Por esta razón, como compromiso co noso patrimonio cultural e empregando os modestos medios que a A.C. Eme de Meira posúe, o noso colectivo defenderá que as pezas pertencentes á colección de Álvaro Gil permanezan expostas como ata o de agora no Museo de Lugo, para que os intereses económicos dos herdeiros deste ilustre benfeitor non priven aos lucenses dunha parte tan importante e representativa do seu patrimonio cultural, da súa identidade.
O Consello de Dirección de Eme de Meira, ENLACE A PUBLICACIÓN NA PRENSA |
Os xoves de febreiro e marzo Obradoiro de Memoria

M de Meira organiza o primeiro Obradoiro de Memoria, que se celebrará na aula de cursos que o grupo de desenvolvemento rural 3 (Montes e Vales) ten na Av. xeral nº35 entrechán 1c. As 15 prazas para esta primeira edición están cubertas pola Asociación de Mulleres Rurais de Meira. A asociación ten previsto unha segunda edición en abril e maio para os Socios/as de M de Meira pola boa acollida desta actividade deseñada para os mais maiores. O Obradoiro está impartido pola monitora Lola Eiras. |
Éxito rotundo no primeiro Aberto do Lacón en Meira, da man da L.N.B
|
Liga Nacional de Billarda / aberto do Lacón Conferencia NorLeste
Escoita a promoción do Aberto do Lacón na radio desde Radio-Varal.
Meira acolle por primeira vez unha xornada da LNB da man de O Varal e M de Meira.
![]() MAIS INFO BILLARDEIRA:CLICA | Meira acollerá por primeira un campionato de billarda da LNB, a oitava xornada da disputada Conferencia Norleste da LNB. A competición celebrarase na Praza do Convento desde as tres e media da tarde do vindeiro día 7 de febreiro, (no caso de choiva trasladarémonos ata o pavillón municipal) e disputarase na modalidade de "Aberto", co que quen se achegue poderá participar e poder así disputar o lacón que se entregará como trofeo. A clasificación da LNB está o " Roxo Vivo" e as mellores franquicias da Conferencia coma Remourelle Bulls, Madia-Leva ou Os Outros, retaranse nas terras Meiregas. Desde a M de Meira animamos aos nosos soci@s a participar no aberto, e poder disputar o torneo aos GRANDES da Conferencia Norleste. |
Visitas no 2009

Estas estatísticas mostran todas as visualizacións de páxinas exitosas (tamén coñecidas como impresións de páxina) e o momento cando se realizaron.Só se contan páxinas totalmente cargadas. Inclúennos as imaxes e compoñentes individuais, o 2009 foi o primer ano completo da nosa páxina web, con un total de 12.345 visitas totais,
Homenaxe ós irmáns Vallejo
![]() | Homenaxe Irmáns VallejoO vindeiro 9 de xaneiro, a Escuderia Meira organiza a homenaxe os irmáns Vallejo. Logo de conseguir o titulo estatal de rallies de asfalto e da súa traxectoria, a Escuderia Meira quere brindar un caloroso e sentido homexane ós irmáns Vallejo, uns dos mellores embaixadores da nosa terra. O recibimento terá lugar na praza do Concello por parte da corporación Municipal e a direción da escudería. As persoas que desexen participar da comida posterior poden recoller os boletos na sede da Escudería Meira e nos establecementos hosteléiros da vila |
Novo servizo para asociados desde este Nadal
![]() | NOVAS E AVISOS POR SMSXa estamos preto dos cen socios e socias, e a comunidade de M de Meira non para de medrar, con este novo servizo, que estará de probas durante este mes de decembro, pretendemos axilizar a comunicación directa xa que podemos chegar a mais do 90% de socios/as, fronte o 60% do correo electrónico, a redución de envíos postais os menores custes para a asociación é a contribución co medio ambiente tamén son aspectos positivos do novo servizo de comunicación interna. Si eres socio numerario de M de Meira e non recibes SmS, envíanos un correo a info@mdemeira.org co teu nº de socio e nº de Móvil |
Programa de Nadal 2009/2010

As actividades de Nadal confirmadas polo de agora teñen como destinatarios potenciais o público infantil e familiar.
instalada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Alí, nenos e nenas poderán divertirse con xogos inchables, diferentes atraccións, videoxogos, obradoiros de pintura, etc. Debido ao número limitado de prazas (40 aprox.) prégase que quen queira apuntarse faga a súa inscrición no teléfono 686458560 ou no 628007526 (A saída da para participar na actividade será ás 15:30 da Praza do Concello e o regreso calcúlase para as 21:00 horas -Lémbrase que os nenos e nenas de menor idade convén que traian unha pequena merenda).
-Do mesmo xeito, tamén indicamos que os socios e socias de Eme de Meira poden participar da actividade para acompañar aos nenos e nenas axudando no seu control e tamén aproveitar as actividades para adultos de XuvenLugo (karting, paintball, rocódromo, etc)
Xa no vindeiro ano, o 4 de xaneiro ás 18:30 horas o contacontos Manolo Panforreteiro visitará o Centro Sociocultural de Meira para facer as delicias dos pequenos e pequenas da familia. A esta actividade, organizada tamén por Eme de Meira, pode acudir todo o mundo que o desexe, polo que se pode difundir para que sexa una actividade con alta participación.
Cea-Encontro de Asociacións Culturais.
ARRINCADEIRA (Riotorto) AS MINAS (A Pontenova) AURUXEIRA (Bretoña) A Chainza (A Pastoriza)
Desde a Eme de Meira, informámosvos de que o vindeiro sábado 12 de decembro vai ter lugar unha cea-encontro entre asociacións culturais da zona no teleclube de Bretoña. A cea estará composta por n menú galaico tradicional (lacón-empanada-churrasco...) eviño e cervexa ilimitados por un prezo de 25€/persoa. Conta co aliciente de que dous grupos folk-rock animarán a festa (un deles, previsibelmente, os Ultraquans). O local no que se organiza presenta unhas condicións óptimas para este tipo de eventos mais o seu
aforo non vai máis aló das 80-90 persoas, polo que os soci@s das asociacións que queiran ir (Arrincadeira-As Minas-Auruxeira-A Chaínza
-Eme de Meira) deberán confirmar canto antes a súa asistencia.
A festa está asegurada polo que vos pediría que quen decida ir o confirme no prazo de 5 días no teléfono 628 007 526 (Xose) para así poder facer previsións da xente e gardar os sitios (15-20 por asociación).
Por outra banda, lembrarvos que a Eme de Meira organiza un campionato de tute o 19 de decembro para tentar recaudar fondos para a asociación.A competición terá lugar na Casa da Cultura de Meira, ten unha inscrición de 50 € por parella nos que vai incluída a cea e repártense un total de 1.700 euros en premios. O teléfono de inscrición é o 628 007 526 (difundídeo o que poidades)
2ª Edición do Magosto Popular.
|
| O vindeiro sábado 24 de outubro a nosa asociación celebrará, co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo co patrocinio do Concello de Meira e a colaboración dos veciños e veciñas do Convento, o 2º Magosto Popular de Eme de Meira. Na tardiña do sábado, a partires das 19:00 horas na Praza do Convento, asaremos castañas para tod@s e disporemos de bebida a esgalla, para rematar co esconxuro da queimada. Para pór a nota festivo-musical contaremos co grupo de música tradicional galega Os Minhotos, cuxa actuación sufraga directamente a Área de Cultura da Deputación de Lugo. Convidade a canta xente coñezades que guste da festa! |
"O Paquete" de Andrés Goteira, nominado o mellor montaxe e mellor dirección en Curtas na Rede 09
A Curtametraxe" Bad Company" de Duarte Eiros e Denis Vingolea tamén participa no concurso na sección do público, Os dous traballos poideronse ver en primicia o pasado 1de agosto no M de Cine
Podes apoiar as Curtas ata o sabado 24 de novembro
Enlaces: O Paquete Bad Company
M de Meira integrase na plataforma cidadá Queremos Galego
QUEREMOS GALEGO é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación; de progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada. mais info en : www.queremosgalego.org
M de Meira, colabora na realización do certame de Rottweiler
Meira acolleu a cita monográfica do Club Rottweiler. A reunión, que ten carácter anual e que alcanza xa as 26 edicións, consiste nunha exposición de beleza dos cans desa raza, aos que se entregarán seis premios durante a celebración destas dúas xornadas.
Os animais presentados a concurso poderán ser elixidos, nas modalidades de macho e femia, campión novo do Club Rottweiler, campión absoluto e campión estranxeiro. Haberá tamén un premio ao mellor can da exposición.
O certame espertou expectación, dado que se espera a presenza duns 200 animais, procedentes de España, Francia e Portugal.
fonte: A voz de Galicia 10/10. A voz de Galicia 11/10
Video Documental de Expresións Espontáneas 2.0
05-08-09 TARDE DE CINE MEIREGO
![]() | 2ª Tarde de Cine Meirego M de Meira xunto con Gaita Filmes organiza a esperada Tarde de Cine Meirego 2009 , logo da gran acollida da edición anterior. Este ano temos maís novidades, coma o estreo de Gang Flims nova productora Meirega, co debut de Duarte Eiros e Denis Vingolea, que nos presentan BAD COMPANY. GAITA FILMES presentanos a súa retrospectiva, o documental Xigantes, e a última producción recén rematada de rodar. O PAQUETE. mais info en: |
21-07-09
Expresións Espontáneas 2.0 fará de Meira un foro de novas culturas urbanas
O espectáculo audiovisual, organizado polo colectivo Eme de Meira celebrarase o 1 de agosto.
I.r.d. MEIRA.
![]() | FA asociación Eme de Meira celebrará o próximo día 1 de agosto un espectáculo cultural na chaira contigua á igrexa de Santa María e no contorno do convento, onde se desenvolverá o programa "Expresións Espontáneas 2.0", unha iniciativa artística que pretende dinamizar a oferta de lecer estival na capital meirega e que esta edición estará centrada na cultura urbana. O programa lúdico e cultural "Expresións Espontáneas 2.0", que se desenvolverá a partir das 16.00 horas, traerá até Meira unha ampla e nova oferta musical, que deparará ás público actuacións de grupos de hip-hop, grafitti, Dj´s, rap e vj´s, novas fórmulas de expresión artística, que transcenden a realidade da creación e xa se converteron en formas de cultura urbana que cada vez teñen máis arraigamento e contan con máis seguidores enla sociedade. A oferta musical desta cita prestará especial atención ao rap, tal e como o constata a presenza de formacións como Granpurismo, unha banda formada por galegos e suízos; Drumdrama, de Vigo, ou os lucenses K.A.O.S. Como expoñentes da música electrónica participarán nesta cita os lucenses Telémaco, así como os Djs DRThink, Dj Shocker, e o Dj con raices Meiregas DR. Adra, No ámbito das creacións plásticas, Expresións Espontáneas 2.0 reunirá en Meira a graffiteros da talla de Colectivo 314, un grupo de mozos olívicos que darán renda solta á súa imaxinación en paneis e muros habilitados para a ocasión e todo nun contorno no que tamén se aproveitarán os impresionantes muros dos edificios relixiosos que outrora conformaron o antigo convento de Meira para facer proxeccións visuais e sonoras. (El Progreso) |
14-07-2009
Inaugurado en Meira o segundo campamento urbano para rapaces de 3 a 10 anos

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, inaugurou esta mañá en Meira o II Campamento Urbano que organiza a Asociación Cultural Eme de Meira co patrocinio da Área de Cultura da Deputación. Esta iniciativa púxose en marcha xa o ano pasado co apoio da Área de Cultura da institución provincial, ao observarse a carencia na comarca de Meira deste tipo de actividades que permiten conciliar a vida familiar e laboral, proporcionando unha alternativa lúdica e ao tempo educativa para as mañás do verán a 21 rapaces en idade escolar. Dende que arrancou esta proposta, o éxito de participación foi unha constante, ratificándose nesta segunda edición do campamento urbano coa alta demanda que fixo que se cubrisen a totalidade das prazas ofertadas en apenas uns días. Segundo Antón Bao, “dende a Deputación sempre tivemos claro que poñer en marcha actividades coma o campamento urbano son pasos moi importantes para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias con fillas e fillos pequenos, tamén en concellos do rural onde existen menos medios para facer que durante os meses estivais as crianzas teñan unha ocupación proveitosa e divertida para eles”. Animando ás nenas e nenos a aproveitar e gozar deste programa de verán, o vicepresidente da Deputación, Antón Bao, aproveitou para facer uns agasallos aos participantes no campamento urbano: un paquete de lapis de cores, unha libreta e unha mochila. Este é o segundo ano que a Asociación EME de Meira, co apoio da Área de Cultura da Deputación e a Conselleria de Cultura e Deporte pon en marcha este programa de actividades de verán para nenas e nenos de tres a doce anos.
Presentase a programación de verán os socios/as:
O programa estival xa está en marcha. con catro actividades, Un verán diferente, Concerto de Mamá Cabra, Expresións Espontáneas 2.0 e a Tarde de cine Meirego


13/06/2009
A Actividade estrela da programación de verán, EXPRESIÓNS ESPONTÁNEAS 2.0, pecha o cartel de Artistas presentes nesta segunda edición adicada a Cultura Urbana, o vindeiro 1 de agosto na Praza do Convento desde as 14:00h
www.myspace.com/expresiónsespontaneas
28/05/2009
Un verán diferente, entre o 13 e 31 de xullo.
as inscricións para socios/as estará aberta a partires de xuño, a actividade conta con cinco dias maís de programación que en 2008,
Expresións Espontáneas 2.0
a edición 2009 estará adicada a Cultura Urbana. (Hip-Hop, Grafitti, Break, Dj´s, rap, vj´s) unha edición que non deixará a ninguén indeferente,
![]()

DÍA 6 DE MAIO
M de Meira participa no programa Km0
-Saída ás 9:00h da praza do concello en Meira -Visita á fundación TIC (escola de audiovisuais) -Visita degustación á adega -Xantar na adega, en Francos (Doade) -Ruta a pé até o miradoiro A Pena do Castelo (1 km) sobre o Río Sil -Desprazamento até o embarcadoiro de Ponte do Sil (Doade) -Travesía fluvial en catamarán contemplando as viñas de Amandi (1h.) -Regreso a Meira 21:30H . mais fotos+
01/03/2009
I. Asamblea Xeral Ordinaria de Socios dia 28 de marzo. Centro Sociocultural 10:30h
A asociación Montes e Vales, que vai xestionar o LEADER. 2007-2013 das Comarcas de Meira e Fonsagrada , e na que M de Meira está representada, acaba de públicar as bases para a contratación da equipa técnica.
ANUNCIO: Pola que se publican as Bases, aprobadas por acordo da Xunta Directiva do 11.02.09 e de conformidade co Convenio asinado entre AGADER e o GDR3 o día 21/01/09 para a xestión do programa Leader 2007-2013, procédese a convocar proba selectiva para os seguintes postos: 1 Xerente / Coordinador/a 1 Administrativo/a OS PREGOS DE CONDICIÓNS atópanse para a súa consulta nas oficinas dos Concellos da Fonsagrada e Meira. Tamén se poden consultar na Internet en: http://agader.xunta.es/. http://gdr3montesevales.blogspot.com/. O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días naturais, contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio antes das 14 horas do último día no que remata o prazo de presentación. As solicitudes pódense presentar nas mesmas oficinas dos Concellos da Fonsagrada e Meira ou vía postal. SEDE:Asociación MONTES E VALES. Apartado de Correos nº3. CP27100 A Fonsagrada (Lugo) SUB-SEDE: Asociación MONTES E VALES. Apartado de Correos 901. CP 27240 Meira (Lugo)
Enlace o blog da Asociación Montes e Vales: GDR-3
![]()
A revista "Arqueología, Historia y Viajes sobre el Mundo Medieval" organizou un concurso sobre "Las Siete Maravillas Medievales de España", e entre os 30 finalistas está o Mosteiro de Santa Maria de Meira.
Agora, na "Fase final" do concurso haberá que votar por unha desas 30 elexidas. Pode votar todo aquel que queira, so e pide nome e e-mail. Está entre as 30 mellores xunto coa Catedral de Santiago, a Alambra de Granada, etc
APOIA A NOMINACIÓN DO NOSO MOSTEIRO
O Xornal EL PROGRESO fixo mención da nosa paxina, na sección adicada a internet PLAN B.
O pasado 5 de febreiro, a nosa asociación foi a protagonista da sección Plan B, que o xornal El progreso adica a facer mención de paxinas na internet de ambito Lucense, dende a dirección de M de Meira queremos agradecer a El<Progreso a axuda a espallar a nosa acción social entre toda a comunidade da nosa provincia.
Remate das actividades da M de Meira exercicio 2008. Nos vindeiros dias confirmaremos a data da Asamblea ordinaria de socios.
:Cambio de data:
![]()
Actividades Nadal 2008.
![]()
A Asociación M de Meira organizou o I Magosto Popular na Praza do Convento da vila
A curtametraxe de Andrés Goteira, estreada en Meira na Tarde de Cine Meirego que organizara M de Meira, gaña o premio do público á Mellor Curtametraxe no certame Curtas na Rede
A categoría estrela do concurso é a de curtametraxes, na que este ano participaron 90 proxectos. Os inscritos tiveron que realizar unha curta inédita que non excedera os cinco minutos de duración e que versara sobre as temáticas de inmigración, saúde e sexualidade e visións nosas/visións alleas (temática libre). Amais desta categoría, e coa mesma limitación e duración, este ano incorporouse a categoría de curtametraxes de animación de temática e xénero libre.
O presidente da Xunta entregou o premio á mellor curtametraxe en galego a Xabier Marqués Solla por Z. O premio á mellor curtametraxe en castelán recaeu en Suda Sánchez por Rutina. O galardón á mellor curta de ficción sobre saúde e sexualidade foi para Carlos Prado Pampín por Vellas, quen tamén se fixo co premio á mellor micromovie por Amén Señora e mellor dirección por Vellas. Na temática de ficción inmigración, o galardón foi para Marisa Otero López por Querida Xulia. Na categoría visións nosas/visións alleas déronse dous premios, un deles para Diego Valiño García por Love over e, o outro para Toño Chouza por Münchausen, quen tamén recibiu o premio do público á mellor micromovie por Contratempo.
No apartado documental, o premio para a mellor curta de saúde e sexualidade foi para Julia Vallés por Sexo seguro. A mellor curta documental na categoría visións nosas/visións alleas foi para Pablo Chouza por O camiño da Loureira.
O galardón pola curtametraxe máis orixinal foi para Pablo Penedo Naveira por Federico Lasalle. Así mesmo, o premio do público á mellor curtametraxe foi para Andrés González Tella por Qué lle pasa a Pepe Pistola?
Fonte: Código Cero (ligazón á nova aquí)
13 de setembro: Xardíns do parque
Escultura, Pintura e Música
Expresións Espontáneas é un concepto novidoso que permite, dentro dun mesmo espazo, poder desfrutar de tres actividades artísticas co pano de fondo da natureza. A mistura de escultura, pintura e música nun contorno natural ás beiras do río Miño fai de Expresións Espontáneas un achegamento entre o público, o arte e a natureza. Nesta primeira versión, a 1.0, a Asociación Cultural Eme de Meira conta coa presenza dos artistas Juan Vila en escultura, Fina Eiros en pintura e a música d'Os Minhotos (polos arredores do parque e a vila) e o concerto de No Alboiro, cuarteto de música tradicional galega, na que destaca a presenza do violinista Harry Price e o zanfonista Victor Soto.
a exposición estivo animada dende primeira hora
O concerto de No Alboiro foi seguido por numeroso público
PIC-NIC
O documentario proxectouse cun éxito rotundo de asistencia que ateigou o Centro SocioCultural o 16 de agosto. A xente desfrutou tamén das dúas últimas curtametraxes de Andrés Goteira, aclamadas con fortes aplausos
Rodada integramente na que seguramente é a praia máis coñecida e transitada de todo o Mediterráneo, Benidorm, na España, Pic-nic é un lúcido retrato das vacacións e o tempo libre. A película segue a un reducido grupo de personaxes ao longo de todo un mes de agosto, atenta aos diferentes modos en que os personaxes xestionan o seu aburrimento, en palabras do propio director. O máis destacable de Pic-nic é o seu exquisito traballo de cámara e edición, grazas ao cal un conxunto de escenas cotiás convértense nunha aguda reflexión sobre o home actual e sobre o paradoxo en que convertemos o noso lecer, ?so que inxenuamente chamamos tempo libre. Voyeur, provocativa, cunha mirada ambivalente que oscila entre o descreimiento e a tenrura, Pic-nic faranos recordar algunhas escenas de As vacacións de Ms. Hulot de Jacques Tati, o humor sostido do finlandés Aki Kaurismaki ou a proximidade e cotidianeidad dos personaxes que José Luís Guerin retratou no seu filme En construción
Eloy Enciso Cachafeiro, graduouse como director de documental na prestixiosa EICTV, Escola Internacional de San Antonio dos Baños, Cuba. Dirixiu diversos documentais ("LA Clase", "Non tan boa vista" e "Funk the wheel" son algúns dos títulos da súa filmografía), que viaxaron por festivais de cine de Arxentina, Chile, Finlandia, Cuba, Francia, Grecia, Italia e España. Obtivo diversos premios con estes traballos, entre eles o Premio Mirada Womad á tolerancia en Cáceres, a mención dereitos humanos do Festival Imago de Cuba ou o primeiro premio no Festival Mínima de Gandía. Eloy Enciso vive actualmente na Residencia de Estudantes de Madrid, onde goza unha bolsa de creación do Concello de Madrid. Pic-nic é a súa primeira longametraxe e obtivo o premio Benibecas da Fundación 30 km/s ao mellor proxecto documental e Premio á Mellor Película Documental Galega no Festival Internacional Play-doc de Tui. PLAY DOC
Nacho Eiros entregou un agasallo de M a Eloy, socios e amigos, quedaron para charlar cos directores,
A páxina web da Eme de Meira conta co apoio do Concello de Meira

![]()
Rematou con éxito o I Campamento Urbano organizado por M de Meira

























